Benvido ao SIX-WEB do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Guitiriz
O Concello de Guitiriz está a elaborar o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A redacción de dito documento foi encargada á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada polo Gabinete de Arquitectura e Urbanismo (GAU) (gau@coag.es) e ao Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da Universidade de Santiago de Compostela (Ler máis).
Se é vostede veciño de Guitiriz, por medio deste portal poderá acceder, dunha maneira rápida e
sinxela e dende o seu propio ordenador, á información do PXOM e mesmo tamén poderá formular as alegacións
que desexe a dito plan.
Para que estas alegacións adquiran validez deben ser impresas e rexistradas no concello nos prazos marcados para tal fin. Se desexa obter máis información a cerca das distintas fases que compoñen un plan e o carácter de alegabilidade das mesmas prema aquí.
Recentemente rematou a fase de Aprobación Inicial e con ela a posibilidade de facer alegacións ao PXOM. Nas vindeiras datas se actualizarán en este portal as alegacións rexistradas no concello xunto as contestacións feitas polo equipo redactor.
¿Que pode facer a través deste portal?
A través deste portal vostede poderá visualizar dun modo sinxelo todo o material exposto ao público na elaboración do plan, e participar no seu desenvolvemento a través da creación de alegacións (Vexa como).
Para tal fin, vaia ao menú da esquerda e prema a opción Alegacións, unha vez teña iniciada a sesión co seu usuario.
Se aínda non dispón de unha conta para iniciar sesión, pode creala dende aquí
Ligazóns de interese
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: http://medioambiente.xunta.esAcceso á normativa dentro da páxina da consellería: http://www.cptopt.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/354
Web do planeamento urbanístico de Galicia: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/



LaboraTe
GAC