Proceso de elaboración dun Plan
A lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, establece que
é o PXOM o instrumento que regula a planificación urbanística. Ao mesmo tempo a propia lei
establece que será o concello o encargado de elaborar o PXOM, sen embargo correspóndelle á Xunta
de Galicia a aprobación definitiva do mesmo.
O principal obxectivo do PXOM é fixar as directrices que permitan chegar a un equilibrio entre a
poboación, as súas actividades, as súas necesidades e o medio físico no que se desenvolven. Para
alcanzar estes obxectivos o planeamento clasifica o territorio de Guitiriz en solo urbano, solo
urbanizable, solo de núcleo rural e solo rústico; ao mesmo tempo que se establecen unhas normas
e ordenanzas que regulan os usos permitidos e prohibidos para cada unha destas clases de solo.
- Memoria xustificativa.
- Estudio do medio rural e análise do modelo de asentamento poboacional.
- Estudio de sustentabilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico.
- Planos de información
- Planos de ordenación urbanística do territorio
- Normas urbanísticas
- Estratexia de actuación e estudio económico.
- Catálogo de elementos que hai que protexer ou recuperar.
Fases dun plan. Alegabilidade dunha fase.
- Fase de avance: potestativamente, pódese formular un avance do plan que sirva de orientación á súa redacción, no que se conteña a estratexia, as directrices e os obxectivos xerais do plan. Se se decide elaborar dito documento, debe ser exposto ao público por un prazo mínimo dun mes, no que se poden realizar suxestións ao plan, presentar propostas, etc. Estas suxestións e propostas non serán obxecto de contestación por parte do equipo redactor.
- Fase de aprobación inicial: unha vez elaborado o documento (PXOM), e antes de ser aprobado inicialmente, remítese o expediente completo ao conselleiro en materia de urbanismo e ordenación do territorio para que emita un informe sobre o contido del PXOM. Feitas as modificacións derivadas do informe procédese á aprobación inicial do plan por parte do concello. Posteriormente á aprobación inicial, ábrese un periodo de información pública por un periodo mínimo dun mes e máximo de dous meses. Neste momento pódense facer alegacións ao documento, tanto por parte dos cidadáns coma das diferentes asociacións. Estas alegacións deberán ser respondidas polo equipo redactor de forma individual. Durante este trámite de información pública solicítanse ás diferentes administracións os informes sectoriais que resulten necesarios para o plan.
- Fase de aprobación provisional: cumpridos os trámites anteriores, reelaborarase o documento e procédese á súa aprobación provisional por parte do concello.
- Fase de aprobación definitiva: o documento de aprobación provisional remítese de novo ao conselleiro que resolverá sobre a súa aprobación definitiva.
Consulta de documentación e elaboración de alegacións.
A través do menú Documentación terá acceso á documentación dispoñible de cada unha das fases polas que pasa o plan, a cal pode ser descargada por vostede se o desexa. De forma análoga tamén poderá acceder a toda a cartografía elaborada para o PXOM, a través do menú Cartografía. Nesta opción existe un visor de mapas intuitivo cos datos xeográficos máis relevantes do concello incluíndo entre eses datos os distintos tipos de uso de solo que se pretende fixar no novo PXOM.
Apoiándose na documentación exposta anteriormente, poderá realizar e ver as súas alegacións a través
da entrada do menú Alegacións.
Este proceso divídese en varios pasos, realizando primeiro a localización da parcela sobre a que se desexa alegar, ben a
través do visor xeográfico descrito anteriormente ou ben introducindo de forma manual os códigos identificativos
da parcela. En segunda instancia, deberá redactar o corpo da alegación, explicando do modo máis claro
e conciso posible o motivo da alegación, podendo xuntar ata un máximo de tres arquivos para un maior entendemento do corpo
da mesma. Finalmente debe descargar un arquivo PDF coa alegación, imprimila e entregala no concello.
Vínculo Concello - UTE
Entre as cláusulas contraídas entre o concello e a UTE, está o deseño e organización dunha SIX-WEB con toda a información do plan, que facilite o acceso dos cidadáns, asociacións de veciños, empresas, etc. a través de Internet a toda a documentación e información do plan.

LaboraTe
GAC